Onte presentamos o noso proxecto no Encontro Internacional Erasmus+ organizado polo CFR de Pontevedra. Seguimos aprendendo e participando activamente na rede Erasmus, un dos principios básicos de calidade do programa.
11 abril 2025
PACTO VERDE-AZUL
Seguimos cumplindo co noso compromiso ecolóxico do Pacto Verde-Azul Erasmus ♻️🌍! Durante este mes de abril, temos charlas para toda a ESO e unha exposición sobre xestión de residuos domésticos en colaboración co Concello de Vilagarcía e a iniciativa Ponte a Zero da Deputación de Pontevedra.
26 marzo 2025
Mobilidade combinada
Hoxe no IES O Carril fixemos unha videoconferencia en inglés co Istituto Comprensivo Santa Chiara de Sicilia. Nela compartimos as nosas accións Erasmus para o coidado do medio ambiente ♻️ 🌍. Estamos desexando que chegue maio para coñecer aos nosos anfitrións 😍!!
14 marzo 2025
Novas listaxes de alumnado seleccionado para a mobilidade a Sicilia tralas renuncias presentadase o sorteo público realizado no centro ante o empate de tres persoas candidatas. Xa están á vosa disposición
NO TABOLEIRO DO RECUNCHO ERASMUS!!!
28 febreiro 2025
Dende hoxe tedes as listaxes e toda a información necesaria publicada no taboleiro do recuncho Erasmus. O centro permanecerá aberto no seu horario habitual os vindeiros días 3, 4 e 5 de marzo. En breves convocarase ás familias para unha reunión informativa.