04 febreiro 2025

 ATENCIÓN, AMEIXAS VIAXEIRAS:

O 28 de febreiro péchanse as actividades voluntarias de Erasmus!

É a a data límite para conseguir os puntos extra do pasaporte polas actividades de ecoloxía, retos de corresponsabilidade ou concursos trimestrais

Estade pendentes do blog porque nuns minutos publicaremos as bases do concurso trimestral e nuns días o prazo e condicións de entrega da carta de motivación que se inclúe no baremo e que será condición indispensable para entrar nas listaxes coa vosa puntuación e poder optar á viaxe!

20 xaneiro 2025

Despois dunha estancia de Aprendizaxe por Observación no Istituto Comprensivo Santa Chiara de Sicilia, xa podedes ver un adianto de como será o voso Erasmus. Fai click na imaxe para ver o vídeo 😍! 

04 decembro 2024

CAMBIOS NAS DATAS DAS SESIÓNS DE DECEMBRO DOS GRUPOS DE ECOLOXÍA

🌱🌍

Comprobade o PDF na sección de documentación.

03 decembro 2024

 Atención!


Xa tedes o baremo para a selección de participantes 

publicado na sección de documentación

19 novembro 2024

Creacións gañadoras do concurso 
da mascota Erasmus+
Parabéns, artistas!

13 novembro 2024

 🔔 ATENCIÓN 🔔

  Tal e como se anunciara o 22 de outubro, a primeira semana de novembro foron as reunións para apuntarse ao Equipo Verde-Azul do Erasmus+, cuxa misión é aprender sobre ecoloxía e levar a cabo accións para o coidado do medio ambiente. Os grupos e turnos están publicados dende dende o luns 11 de novembro no taboleiro Erasmus+ do centro e tamén aquí no blog na sección "Documentación". Lembrade que hai que asistir mínimo a un 75% das sesións e facer as tarefas propostas para que puntúen. A partir do 22 de novembro, os grupos quedarán pechados definitivamente.