27 novembro 2025

Este mes de novembro tiveron lugar as dúas últimas mobilidades deste proxecto K122 "Enviando ondas dende o océano de Carril", que foron estancias de aprendizaxe por observación para profesorado en POLONIA e SUECIA. O Erasmus+ foi unha onda de aire fresco para o noso centro que trouxo novas ilusións e aprendizaxes. Temos ganas de máis, así que esta fermosa película queda en TO BE CONTINUED ... Better together with Erasmus+ !

28 outubro 2025

 ERASMUS DAYS DENDE AS ONDAS 📻 

Celebramos os Erasmus days 2025 compartindo os testemuños do alumnado participante nas mobilidades en grupo a través de Instagram e tamén na radio do insti. A entrevista foi unha experiencia xenial na que tamén se explicou en que consiste o programa Erasmus+. Sen dúbida, queremos repetir 😍! 
Podedes escoitar este pocast e outros en no programa Punto e Coma en Spotify.

17 outubro 2025

JOB SHADOWING EN BÉLXICA

As profesoras Eva Abal, Lucía Montenegro e Enza Sansonne fixeron unha estadía de aprendizaxe por observación (job shadowing) na rexión de Flandes do 6 ao 13 de outubro. Aproveitaron ao máximo cada minuto e veñen cargadas de ideas e colaboracións co profesorado que coñeceron.

Better together with Erasmus+ 😍 🇪🇺 🫶🏼!

05 outubro 2025

Celebramos os ERASMUS DAYS 2025 con varios eventos:
🎤 Entrevista a participantes e coordinadora do proxecto na radio do centro @radiomalveiras_
🌍 Conexión en directo co centro Belga no que tres profesoras estarán facendo unha estancia de aprendizaxe por observación.
🎬 Storytelling das experiencias vividas polo alumnado participante nas mobilidades de Italia e Francia.
Seguídenos no INSTAGRAM para ver a info actualizada!

09 setembro 2025

 SEGUNDA MOBILIDADE ERASMUS EN GRUPO
Unha vez máis, o alumnado Erasmus+ que viaxou á Bretaña francesa dende o 16 ao 23 de setembro volveu encantado e cheo de aprendizaxes. Moitas grazas ao Lycée Brizeux 😍🇫🇷!

05 xuño 2025

     PRIMEIRA MOBILIDADE ERASMUS EN GRUPO        Non podemos estar máis felices despois desta inmersión cultural en Italia que tivemos dende o 22 ao 29 de maio no Istituto Comprensivo Santa Chiara de Enna. Agora comezamos cos preparativos para a mobilidade a Francia que terá lugar o vindeiro curso 25-26. Seguide a nosa conta en Instagram para ver todo o contido 😍!!! 

09 maio 2025

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

Canto sabes sobre o "vello continente" e a Unión Europea? Compróbao xogando a este PASAPALABRA feito en colaboración con Laila Fernández Otero de 4º ESO A.

         1. Preme na imaxe para abrir o xogo
         2. Preme en cada letra para ver a pregunta.
         3. Para volver ao rosco, dálle a ⏪ (versión móbil).

01 maio 2025

 9 de maio - Día de Europa

O 9 de maio é o día de Europa e no IES O Carril e o CIFP Fontecarmoa imos ter unha convidada de excepción. Lede o cartel con atención, que o vindeiro martes estará con nós. 

27 abril 2025

 ENCONTRO INTERNACIONAL ERASMUS+

Onte presentamos o noso proxecto no Encontro Internacional Erasmus+ organizado polo CFR de Pontevedra. Seguimos aprendendo e participando activamente na rede Erasmus, un dos principios básicos de calidade do programa.

11 abril 2025

PACTO VERDE-AZUL
 Seguimos cumplindo co noso compromiso ecolóxico do Pacto Verde-Azul Erasmus ♻️🌍! Durante este mes de abril, temos charlas para toda a ESO e unha exposición sobre xestión de residuos domésticos en colaboración co Concello de Vilagarcía e a iniciativa Ponte a Zero da Deputación de Pontevedra.

26 marzo 2025

Mobilidade combinada
Hoxe no IES O Carril fixemos unha videoconferencia en inglés co Istituto Comprensivo Santa Chiara de Sicilia. Nela compartimos as nosas accións Erasmus para o coidado do medio ambiente ♻️ 🌍. Estamos desexando que chegue maio para coñecer aos nosos anfitrións 😍!!

14 marzo 2025

Novas listaxes de alumnado seleccionado para a mobilidade a Sicilia tralas renuncias presentadas e o sorteo público realizado no centro ante o empate de tres persoas candidatas. Xa están á vosa disposición 

NO TABOLEIRO DO RECUNCHO ERASMUS!!!

28 febreiro 2025

Dende hoxe tedes as listaxes e toda a información necesaria publicada no taboleiro do recuncho Erasmus. O centro permanecerá aberto no seu horario habitual os vindeiros días 3, 4 e 5 de marzo. En breves convocarase ás familias para unha reunión informativa.

04 febreiro 2025

ATENCIÓN: ÚLTIMO RETO DE CORRESPONSABILIDADE

   Pincha aquí ou no cartel para ver as bases do concurso

 ATENCIÓN, AMEIXAS VIAXEIRAS:

O 28 de febreiro péchanse as actividades voluntarias de Erasmus!

É a a data límite para conseguir os puntos extra do pasaporte polas actividades de ecoloxía, retos de corresponsabilidade ou concursos trimestrais

Estade pendentes do blog porque nuns minutos publicaremos as bases do concurso trimestral e nuns días o prazo e condicións de entrega da carta de motivación que se inclúe no baremo e que será condición indispensable para entrar nas listaxes coa vosa puntuación e poder optar á viaxe!

20 xaneiro 2025

Despois dunha estancia de Aprendizaxe por Observación no Istituto Comprensivo Santa Chiara de Sicilia, xa podedes ver un adianto de como será o voso Erasmus. Fai click na imaxe para ver o vídeo 😍! 

04 decembro 2024

CAMBIOS NAS DATAS DAS SESIÓNS DE DECEMBRO DOS GRUPOS DE ECOLOXÍA

🌱🌍

Comprobade o PDF na sección de documentación.