28 outubro 2024


 Botade a voar a vosa imaxinación e creatividade e gañade selos extra no pasaporte Erasmus+!


 

22 outubro 2024

 Entrega de pasaportes e actividades voluntarias

Para saber os detalles, fai clic sobre a imaxe

18 outubro 2024


🌍 Presentación para ErasmusDays🌍

 Vídeo de presentación do IES O Carril nos 
ERASMUS DAYS🎉🆙🎊
Entra no noso Instagram e comparte!!!
#ErasmusDays  #ErasmusPlus #ondascarrilexas
@sepie.es

15 outubro 2024

 Erasmus Days

O noso proxecto Erasmus+ "Enviando olas desde el océano de Carril" ten un claro compromiso coa protección do medioambiente. Unha das nosas actividades é a recollida e reciclaxe de plásticos na praia para estudar o seu impacto e intercambiar experiencias cos países socios. O noso mar é o noso tesouro. Coidémolo!

08 outubro 2024

IES O Carril nos Erasmus Days!
O IES O Carril participará nos Erasmus Days con dous eventos. O primeiro, unha saída da nosa "Cuadrilla Verde-Azul" que recollerá e reciclará plásticos na praia e zonas verdes para analizar o seu impacto. O segundo, un vídeo de presentación do noso centro. Entra en https://www.erasmusdays.eu/events/ para buscarnos no mapa. Comeza a conta atrás!!!  

06 outubro 2024

IES O Carril nas Xornadas Erasmus +
O IES O Carril participou o 3 e 4 de outubro nas Xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA122 en Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas organizadas polo SEPIE en Las Palmas de Gran Canaria. Un pasiño máis no noso camiño á internacionalización!